A Deputación da Coruña publica as bases para ceder a exposición sobre a vida e a obra de Ricardo Carvalho Calero

A mostra itinerante para interiores, impulsada pola Sección de Normalización Lingüística, poderá solicitarse durante todo o ano por entidades sen ánimo de lucro da provincia.

Ricardo Carvalho Calero

A Deputación da Coruña publicou no BOP as bases para a cesión da exposición sobre a vida e a obra de Ricardo Carvalho Calero para interiores, unha iniciativa impulsada pola Sección de Normalización Lingüística co obxectivo de difundir a figura e o legado do escritor en espazos públicos e educativos da provincia. A mostra está concibida como un recurso cultural e pedagóxico de calidade, pensado para achegar o coñecemento das nosas letras ao conxunto da cidadanía e, de maneira especial, ao ámbito educativo.

A exposición está composta por un total de 27 lenzos e 12 cartóns pluma e propón un percorrido integral pola traxectoria vital e intelectual de Ricardo Carvalho Calero. A través dunha narrativa cronolóxica, preséntase a súa biografía en diálogo co contexto histórico e sociocultural no que desenvolveu a súa actividade, ao tempo que se afonda na orientación, no sentido e na vixencia da súa obra literaria. Os paneis incorporan textos explicativos acompañados de ilustracións vinculadas á súa vida e ao seu tempo, coa finalidade de suscitar o interese pola lectura da súa produción literaria.

A cesión da exposición está dirixida a entidades públicas ou privadas sen ánimo de lucro que teñan a súa sede social na provincia da Coruña. O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto durante todo o ano. As solicitudes deberán presentarse no Rexistro da Deputación da Coruña ou a través da súa sede electrónica, acompañadas da documentación correspondente asinada dixitalmente pola persoa representante legal da entidade solicitante. A cesión terá unha duración mínima de doce días e máxima de vinte, coa posibilidade de ampliación se se xustifica debidamente e non existen outras solicitudes activas.

Catálogo exposición Carvalho Calero- Diputacion A Coruña

A Deputación da Coruña subliña a importancia do uso da lingua galega, cunha linguaxe inclusiva e con perspectiva de xénero, en todos os materiais informativos e de difusión relacionados coa exposición.

A adxudicación das cesións realizarase por orde de solicitude e en función da dispoñibilidade, mediante resolución da Presidencia da Deputación tras informe técnico, que será notificada ás entidades interesadas e publicada na web institucional.

Lea también

489 Aniversario de la Infantería de Marina. Interesante conferencia en Ferrol sobre los Tercios Españoles

(Gráficas Galicia Ártabra)Dentro de los actos de la celebraciòn de 489 aniversario de la Infantería …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *