Representarán a Galicia na Olimpíada Nacional que se celebrará na Escola de Enxeñaría Informática da Universidade de Valladolid do 10 ao 12 de abril.

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coas tres universidades galegas –Universidade da Coruña (UDC), Universidade de Santiago (USC) e Universidade de Vigo (UVigo)–, celebrou este pasado venres a Olimpíada Informática Galega 2026 (OIG 2026) na Facultade de Informática da Universidade da Coruña (UDC).
No certame participaron unha trintena de estudantes de educación secundaria –ESO–, bacharelato e formación profesional de grao medio de toda Galicia, procedentes de nove centros educativos e residentes na Coruña (1 participante), Sada (1), Oleiros (2), Ferrol (1), Santiago de Compostela (15), Ames (4), Teo (2), Rianxo (1), Vilagarcía de Arousa (1), Marín (1), O Porriño (1), Redondela (1) e O Barco de Valdeorras (1).

Os gañadores foron, en primeira posición, David Lago Alonso, estudante do IES Pedro Floriani de Redondela; e no segundo posto Nicolás Freiría Casal, estudante do IES Ribeira de Louro do Porriño.
Os premios son os seguintes:
-1º clasificado: David Lago Alonso. 2° Bacharelato no IES Pedro Floriani de Redondela. 400 euros e asistencia á XXX Olimpíada Informática Española.
-2º clasificado: Nicolás Freiría Casal. 2° Bacharelato no IES Ribeira de Louro do Porriño. 300 euros e asistencia á XXX Olimpíada Informática Española.
-3º clasificado: Tirso Nieto Senatore (de Teo). 1° Bacharelato no CPR Manuel Peleteiro de Santiago. 250 euros.
-4º clasificado: Antón Castro Dorribo. 2° Bacharelato no CPR Manuel Peleteiro de Santiago. 200 euros.
-5º clasificado: Breixo Vidal Salgueiro. 1° Bacharelato no IES Illa de Tambo de Marín. 200 euros.
-Mellor participante feminina: Antía Paradela Casal. 1° Bacharelato no CPR Manuel Peleteiro de Santiago. 150 euros.
O premios para os mellores participantes da ESO foi para Andrés Covelo Franco (de Teo)- 4° da ESO no CPR Manuel Peleteiro de Santiago (150 euros), e para Jaime Daniel Moar Fernández (de Ferrol)- 3° da ESO do CPR Ayala de Narón ( 150 euros).
Os dous primeiros clasificados na OIG 2026 acceden de xeito directo á fase nacional da XXX Olimpíada Informática Española (OIE), que se celebrará do 10 ao 12 de abril de 2026 na Escola de Enxeñaría Informática da Universidade de Valladolid. De aí, os gañadores poderán acceder á Olimpíada Informática Internacional, que se celebrará do 9 ao 16 agosto en Uzbekistán.

A OIG 2026 está patrocinada por diversas entidades e empresas do sector TIC: Centro de Investigación de Tecnoloxías da Información e da Comunicación (CITIC), Clúster TIC Galicia, Denodo, Dinahosting, DXC Technology, Emetel, Gadisa, Hijos de Rivera, Indra Group, NTT Data, PuntoGal.
Galicia Ártabra Digital Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.