Máis de 70 escolares achéganse ao territorio do Xeoparque Cabo Ortegal na XVII Olimpída de Xeoloxía

Os vencedores desta fase serán elixidos para participar na fase estatal en Vigo.

Fuente.- Xeoparque Cabo Ortegal

O Xeoparque Cabo Ortegal converteuse, por terceiro ano consecutivo, nunha das sedes da fase galega da XVII Olimpíada de Xeoloxía. A actividade está convocada pola AEPECT (Asociación Española para la Enseñanza da Ciencias de la Tierra), a Sociedade Española de Xeoloxía e o Colexio Oficial de Xeólogos.

Trátase dunha proba que reúne a máis de 70 escolares, desde 4º da ESO a bacharelato, procedentes da provincia da Coruña e o norte de Lugo. A competición conta con dúas probas, unha primeira proba teórica con 40 preguntas tipo test, e unha xincana xeolóxica que se realiza por equipos. Os vencedores desta fase serán elixidos como representantes para participar na fase estatal, que terá lugar o vindeiro 21 de marzo en Vigo, e poderán optar á proba internacional, que se celebrará en Italia no mes de agosto. Ademais, o alumnado que curse 2º de Bacharelato poderá optar as bolsas que as universidades galegas conceden para as persoas premiadas nas olimpíadas científicas.

A AEPECT tomou a decisión de realizar as probas en catro institutos por mor da folga de transportes, e non en Valdoviño como estaba previsto inicialmente. O alumnado terá que esperar á entrega de premios para poder visitar o
xeoparque e realizar unha saída guiada polo territorio.

Actuación promovida pola Deputación da Coruña no marco do PSTD Proxecto Xeoparque Cabo Ortegal. Fondos NEXTGENERATIONEU.

Lea también

Las altas temperaturas activan la alerta amarilla en el Miño de Ourense y el sur de Lugo este sábado

España vivirá en los próximos días la primera ola de calor del verano, que comenzará …