Inscrición aberta no XXVII Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña

Xa está aberto o prazo de inscrición para participar no XXVII Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña, dirixido a compañías teatrais e centros educativos interesados en formar parte desta nova edición.

O prazo permanecerá aberto ata o 18 de febreiro de 2026 (inclusive). A inscrición deberá realizarse a través da páxina web do IES Rosalía Mera ( www.iesrosaliamera.com ), onde se atopan dispoñibles a bases e toda a información relativa ao certame.

Na sección específica dedicada ao certame poden consultarse as bases de participación, os requisitos e condicións, o rider técnico, o plano do escenario, os modelos oficiais de documentación e o enlace ao formulario de inscrición en liña. Unha vez pechado o prazo de inscrición, elaborarase e publicarase o calendario de actuacións. Ademais, convocarase unha reunión cos representantes das compañías e centros educativos participantes antes do inicio do certame.

As representacións distribuiranse nas categorías de benxamín, infantil, cadete e  afeccionado, e terán lugar nas instalacións do IES Rosalía Mera (A Coruña) durante os meses de marzo, abril, maio e xuño.

A gala de entrega de premios celebrarase no Teatro Colón o 12 de xuño de 2026.

Lea también

Inaugurada en la Galería Platas la exposición antológica de Xaime Quesada, en Ferrol

En la tarde de este viernes ha tenido lugar el  acto inaugural de la exposición …