As Pontes celebra a 45ª edición da Feira do Grelo cun amplio programa cultural, gastronómico e divulgativo

O Concello das Pontes organiza os días sábado 14 e domingo 15 de febreiro a 45a edición da Feira do Grelo, unha cita consolidada como un dos grandes referentes gastronómicos e agroalimentarios de Galicia, que pon en valor o grelo como produto agrícola local, símbolo de identidade e motor económico do rural.

Feira do Grelo 2026 as pontes

Desde o Concello das Pontes destacan que “a Feira do Grelo é moito máis ca un evento gastronómico; é unha celebración da nosa historia, do noso sector primario e do traballo das persoas que manteñen vivo o campo galego”, subliñando que “apostar polo produto de proximidade e polas razas autóctonas é apostar polo desenvolvemento sostible e polo futuro do rural”.

A programación da feira arrincará o venres 13 de febreiro, ás 20.30 horas, no Auditorio Cine Alovi, cun espectáculo de monólogos titulado DejaRme solo”, coa participación de Javier Traba, Dolly, Virginia Riezu e Juan Anillo. O sábado 14, tamén no Auditorio Cine Alovi, celebrarase ás 18.00 horas o concerto “Viva Galicia! A música no tempo da Casa da Troya, a cargo de Troyanos de Compostela.

Durante o sábado 14 e o domingo 15, a Rúa Ramón Cabanillas acollerá o mercado de artesanía e produtos de tempada, acompañado de demostracións de torneado e talla de madeira a cargo da Asociación Amigos da Madeira das Pontes. O sábado, o mercado poderá visitarse entre as 10.00 e as 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas, mentres que o domingo permanecerá aberto de maneira ininterrompida desde as 10.00 ata as 16.00 horas.

A Avenida da Coruña, na carpa BOAGA, será outro dos espazos centrais da Feira do Grelo durante toda a fin de semana, coa exposición e promoción de razas autóctonas galegas. O sábado 14, a carpa permanecerá aberta desde as 10.00 ata as 20.00 horas, con degustación de tapas elaboradas con produtos de razas autóctonas entre as 12.30 e as 15.00 horas, mentres que o domingo 15 poderá visitarse desde as 10.00 ata as 16.00 horas, cunha nova degustación entre as 12.00 e as 15.00 horas, en colaboración con AUTGA.

Tamén na Avenida da Coruña situarase a tradicional freixoeira, aberta o sábado entre as 9.00 e as 13.30 horas e o domingo desde as 8.00 ata as 14.00 horas, coa venda do lote de dez freixós por cinco euros, cun máximo de vinte unidades por persoa.

Por outra banda, na Praza de América, o sábado, 14 de febreiro, a partir das 11.30 horas, celebrarase un faladoiro centrado nas razas autóctonas galegas, a comercialización das súas producións e a influencia da nova PAC post 2028 e do acordo Mercosur nas explotacións galegas, coa colaboración da Oficina Agraria das Pontes, representantes de BOAGA e o cociñeiro Antonio Díaz.

O domingo 15, a Praza de América acollerá o Concurso de Cestas, que se desenvolverá coa recepción das persoas participantes entre as 8.00 e as 10.00 horas, a valoración das cestas de 10.00 a 11.00 horas e a entrega de premios ás 11.30 horas.

A programación complétase con diferentes pasacalles musicais ao longo da fin de semana. O sábado, ás 11.30 horas, actuará o grupo Os Trevillas, seguido ás 13.30 horas por Canavella, mentres que o domingo, á mesma hora, será a quenda de No Cómbaro e, ás 13.00 horas, de Paporrubio, cunha transhumancia sonora protagonizada por cabezudos.

A programación da Feira do Grelo completarase co Xantar Popular, que terá lugar tanto o domingo no Patio de Santa María, entre as 13.00 e as 15.00 horas, cun menú tradicional no que o grelo é o gran protagonista, composto por sopa de cocido, cocido completo con grelos, orella doce, pan, viño Mencía e bebidas. O menú terá un prezo de 25 euros, os tíckets poderán retirarse desde as 12.30 horas na carpa de Santa María e tamén estará dispoñible para levar.

A programación cultural da feira pecharase o domingo 15 de febreiro, ás 18.00 horas, no mesmo auditorio, co concerto “Viva Galicia! A música no tempo da Casa da Troya”, a cargo de Troyanos de Compostela. As entradas para este concerto poderán adquirirse a través da web aspontes.sacatuentrada.es e tamén na billeteira do auditorio unha hora antes do inicio da función.

Finalmente, xa fóra da programación da Feira do Grelo, o martes 17 de febreiro, ás 17.00 horas, celebrarase o desfile de Entroido, que partirá da rúa Monte Caxado e estará amenizado pola Charanga Os Celtas, levando a música e o ambiente festivo polas rúas do municipio.

Lea también

La Diputación encarga la redacción de un proyecto para ampliar un tramo de la carretera provincial DP-5405 en Valdoviño

La diputada de Vías y Obras de la Diputación de A Coruña, Mónica Rodríguez, mantuvo …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *