Neda repartirá ata nove cestas de carnaval no seu concurso de disfraces

O Concello de Neda organiza o vindeiro venres 13 de febreiro, pola noite, en paralelo ao tradicional Festival de comparsas, un concurso e posterior baile de disfraces, co obxectivo de fomentar a implicación a da veciñanza no entroido da localidade. En xogo, ata nove cestas con produtos típicos de carnaval.

O certame, no que a creatividade, orixinalidade e bo humor serán fundamentais, vai dirixido a persoas de 16 anos en diante con ganas de pasalo ben, e incluirá distintas modalidades de participación. Así, establécense as categorías individual, de parellas e de grupos (ata un máximo de seis persoas).

As persoas que decidan sumarse terán que dar o mellor de si, desfilando polo escenario do polideportivo municipal Ale de Paz para que o xurado poida ditaminar. Aos tres mellores disfraces de cada modalidade, corresponderalles a súa cesta, marcando a clasificación o tamaño desta.

Para concursar haberá que inscribirse o propio 13 de febreiro no polideportivo municipal, en tanto actúan as comparsas. Tras a entrega de premios, o Dúo Estrellas será o encargado de animar o baile de entroido.

Lea también

Rescatados dos menores en Cariño, arrastrados por la corriente en una balsa hinchable

Una embarcación de Salvamento Marítimo ha rescatado en la tarde de este domingo a dos …