Os postos que queiran participar poden solicitar xa o seu espazo a través da Sede electrónica do Concello. Haberá unha variada programación cultural, musical e gastronómica.
Moeche xa ten data para a súa VIII Feira do Queixo, o vindeiro 15 de marzo. O recinto feiral acollerá a oitava edición da Feira do Queixo e cunha chea de novidades, ademais das habituais actividades paralelas: música, obradoiros, catas, exposición e venda de queixos locais e chegados doutras partes de Galicia e de España.
O Concello está ultimando os detalles do programa, que se dará a coñecer proximamente, aínda que os postos que queiran participar xa poden ir solicitando espazo no recinto por Sede electrónica.
E tamén ten cartel, cunha nova imaxe da man do deseñador gráfico Juanlu Nacha. Ademais contaremos coa presenza do Mercado de Artesanía Agroalimentaria da Deputación da Coruña
A Feira do Queixo de Moeche volve coa súa VIII edición co obxectivo de fomentar o consumo e a cultura do queixo, así como poñer en valor do traballo que fan pequenas e grandes queixarías de dentro e fóra do municipio como parte fundamental do desenvolvemento sustentable das zonas rurais.
Deste modo, a VIII Feira do Queixo de Moeche celebrarase o domingo 15 de marzo na Nave do Mercado. A Nave do Mercado encherase dos mellores queixos artesáns e unha mostra das DOP de Galicia e gran parte do Estado, ademais dos produtos internacionais que asisten desde o seu inicio á Feira do Queixo de Moeche de Francia, Italia e Suiza.

Mercado de Artesanía Agroalimentaria da Deputación da Coruña
Unha das novidades que podemos adiantar é a presenza do Mercado de Artesanía Agroalimentaria da Deputación da Coruña, que se instalará nunha gran carpa ao pé da nave do mercado con postos de alimentación artesá
A alcaldesa, Beatriz Bascoy, e a concelleira de Desenvolvemento Local e deputada provincial, Cristina García, mantiveron unha reunión co vicepresidente da Deputación da Coruña e deputado de Promoción Económica e Turismo, Xosé Regueira, hai unhas semanas, para
concretar a colaboración da Deputación nesta feira. Xosé Regueira confirmou que a Área de Turismo da institución provincial instalará o seu mercado de artesanía agroalimentaria, con postos de varios sectores,e programaranse showcooking, ademais da incorporación á programación musical de concertos de artistas que forman parte da Rede Cultural 2026.
A Deputación da Coruña, que está a promocionar a campaña “A paisaxe que sabe”, sumarase deste xeito ao programa da edición de 2026.
Desde o Concello de Moeche, indicou a rexedora, “agradecemos á Área de Turismo da Deputación da Coruña que instale o seu Mercado de Artesanía na xornada da Feira do Queixo, enriquecendo así a oferta nuns días de grande afluencia de visitantes, o que axudará a darlle visibilidade ao noso patrimonio cultural e ás nosa feiras”.
A Feira do Queixo contará cunha variada programación cultural, musical e gastronómica. O Concello ten avanzada a programación da feira e, a falta dalgúns detalles que se irán desvelando, a xornada arredor dos mellores queixos volverá combinarse con múltiples actividades paralelas, como actuacións musicais, catas dirixidas, obradoiros, e venda de produto agroalimentario fresco e elaborado, así como varias novidades que se irán confirmando nos próximos días. Se quedase espazo dispoñible, algo que se saberá no momento de pechar as inscricións de postos, tamén se lle daría cabida aos expositores de artesanía e doutros artigos.
Con todo, ao longo deste mes iranse anunciando algunhas das novidades desta edicións e a queixaría convidada desta edición, que se sumará á lista dos que xa nos visitaron e seguen asistindo como o queixo Idiazabal ou Gamoneu entres outros.
Nos últimos días foron moitas as firmas de dentro e fóra de Moeche que se interesaron por unha feira que xa se consolidara como referente sectorial nos poucos anos que leva de percorrido. Con carácter xeral, terán preferencia ás queixerías que participasen con anterioridade e os postos dos produtores locais, que xa teñen espazo reservado. O prazo para solicitar un posto -insistimos, con prioridade para os de queixos artesanais- permanecerá aberto ata o 8 de febreiro.
As solicitudes hai que presentalas pola Sede Electrónica e, unha vez que a área de Desenvolvemento local confirme a solicitude, deberá facerse efectiva a cota de participación, fixada en 30€ para os postos que van no interior da nave e 20€ para o resto.
Galicia Ártabra Digital Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.

