Valdoviño investirá os fondos do POS na construción da pista deportiva e dúas pistas de pádel cubertas do complexo Atios

Dirixirá parte da asignación a gasto corrente, e incorpora ao POS Complementario o acondicionamento de camiños, obras de saneamento e remate da construción dos vestiarios do campo de fútbol de Mourente.

Archivo. Enero 2026

Por unanimidade, a corporación aprobaba este mércores en pleno urxente e extraordinario o destino dos fondos do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) da Deputación da Coruña. Repartiranse practicamente a partes iguais entre gasto corrente – 330.6410,18 euros- e investimentos -350.647,16 euros-.

Neste caso, permitirán financiar a construción da pista polideportiva e as dous pistas de pádel cubertas da primeira fase do complexo deportivo Atios. A intervención sairá de novo a contratación tras dos procesos nos que se rematou coa resolución do contrato tras a renuncia das empresas adxudicatarias.

Así mesmo, o pleno tamén deu luz verde ás intervencións incluídas no POS Complementario, que se realizarán coa ampliación de fondos prevista pola Deputación da Coruña. Neste caso, as actuacións susceptibles de executar con eses fondos extra serán o saneamento e bombeo en Montefaro (208.475,82 euros); o acondicionamento do firme do vial que conecta a cooperativa de Meirás con Os Percebes (277.389,84 euros); a reparación de estradas en Marnela, San Xiao, Fremil, Frádigas, As Trabes, Porto do Cabo, Braxe, Lameira, Pallotas e Pedreira (123.936,95 euros), e o proxecto completo de edificación para finalizar as obras de construción dos novos vestiarios no campo de fútbol municipal de Mourente (264.902,12 euros).

CONVENIO COA XUNTA
Na mesma sesión, e tamén por unanimidade, o pleno de Valdoviño daba visto bo á prórroga do convenio entre o Concello e a Xunta para delegar nesta o desenvolvemento dos procesos selectivos para o acceso ás prazas do corpo da Policía Local que convoque a Administración local.

Un convenio que se asinaba por primeira vez en febreiro de 2018, se prorrogaba en 2022, e ante o seu próximo vencemento, se decide agora darlle continuidade. Ao amparo deste acordo, o Concello incorporaba á súa plantilla tres axentes de Policía Local nos últimos 4 anos, que permitiron dar cobertura ás baixas por xubilación no servizo. Saúdos,

Lea también

A Deputación licita por 92.885€ unha área de autocaravanas en Cabanas

O proxecto, financiado con fondos Next Generation UE no marco do Plan de Sustentabilidade Turística …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *