O Pleno aprobou tamén o Plan Complementario POS+ 2026, que recolle un conxunto de 8 obras por un importe total de 1.485.395,46 euros.

O Pleno do Concello das Pontes aprobou a participación no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (POS+ 2026) da Deputación Provincial da Coruña, a través do que Concello contará cun financiamento total de 1.383.737,23 euros.
A totalidade desta contía destinarase ao financiamento de gasto corrente municipal, co obxectivo de reforzar os servizos públicos básicos, conforme á proposta formulada pola Intervención municipal.
O Pleno aprobou tamén o Plan Complementario POS+ 2026, que recolle un conxunto de 8 obras por un importe total de 1.485.395,46 euros. Estas actuacións céntranse fundamentalmente na mellora de pavimentos, servizos urbanos e vías públicas, tanto no núcleo urbano como nas distintas zonas do municipio, co obxectivo de manter en condicións axeitadas as infraestruturas existentes e reducir custos futuros de mantemento.
Entre as actuacións previstas inclúense a renovación de pavimentos e mobiliario urbano na Avenida das Campeiras, cun investimento de 168.398,45 euros; a mellora de servizos e pavimentos na Avenida de Lugo, no tramo comprendido entre os números 21 e 45, cun orzamento de 165.341,15 euros; a mellora de pavimentación e servizos na Avenida de Vilalba, cun investimento de 376.287,08 euros
Tamén se inclúe a reparación e mellora do firme en Gondré e O Castro, por importe de 55.283,85 euros; a pavimentación da pista do Bidueiro, no seu tramo terceiro ata o cruce do Caxete, cun orzamento de 74.200,00 euros.
Asi mesmo permitirá executar a reposición de servizos e pavimentos na Avenida da Habana, no tramo do Barreiro, cun investimento de 286.731,46 euros; a mellora de servizos e pavimentos na rúa Presa de Alende, con 239.359,21 euros; e o proxecto de mellora de servizos e pavimentos na rúa da Balsa, na súa segunda fase, cun orzamento de 119.794,26 euros, configurando no seu conxunto un plan global de mellora do espazo público municipal.
Galicia Ártabra Digital Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.