Fene celebra o 25 de abril unha nova edición da Xuntanza de Palilleiras

A cita converterase de novo nun punto de encontro para as amantes das técnicas téxtiles e do traballo artesana.

Archivo-2024

O Concello de Fene vén de anunciar a celebración dunha nova edición da Xuntanza de Palilleiras, que terá lugar o venres 25 de abril no Pavillón A Xunqueira, un evento xa consolidado no calendario local e comarcal.

A xornada desenvolverase en horario de 10.30 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas, e como en edicións anteriores converterase nun espazo de encontro, intercambio e convivencia arredor das técnicas téxtiles tradicionais e contemporáneas. Ao longo do día daranse cita persoas afeccionadas ao encaixe de palillos, bordado, calceta, patchwork e a outros moitos traballos artesanais, nun ambiente participativo e aberto.

O prazo de inscrición permanecerá aberto até o 10 de abril, e as persoas interesadas poden obter máis información ou formalizar a súa participación chamando ao 981 492 767.

A concelleira de promoción económica e turismo, Ángeles Coira, destacou que “esta xuntanza é moito máis ca unha actividade puntual: é un espazo para poñer en valor os saberes tradicionais, fomentar o encontro interxeracional e visibilizar o traballo artesanal, que forma parte da nosa identidade cultural”. Coira subliñou tamén que “Fene aposta por este tipo de iniciativas porque dinamizan o concello, atraen visitantes e contribúen a manter vivas técnicas que se transmiten de xeración en xeración”.

Desde o Concello animan ás persoas afeccionadas ás artes téxtiles a participar nesta nova edición dunha xuntanza que cada ano reúne a público chegado de diferentes puntos da comarca e de toda Galiza, consolidándose como unha cita de referencia no ámbito do traballo artesanal.

Lea también

La Orquestra Sinfónica de Galicia llega este jueves al Auditorio de Ferrol con el ‘Concierto de Aranjuez’

Cita para los amantes de la música este jueves, a las 20:30 horas, en el …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *