Nivel mundial para o campionato galego máster indoor desta fin de semana

A gran cita do atletismo galego máster baixo teito, chega esta fin de semana a Expourense onde se estará desenvolvendo o sábado 7 desde as 10:00 horas, o XXI Campionato Xunta de Galicia máster en PC.

Fuente- Federación Galega de Atletismo

Nesta cita agárdase máis de medio milleiro de participacións entre as cales estarán algúns dos máis destacados e destacadas atletas galegas da modalidade. Entre elas contaremos ca presenza das plusmarquistas mundiais  Esther Pedrosa do Dawako At. quen tomará parte sobre as distancias dos 400 m. e 800 m. na F60 e de Juan Manuel Morales do Marineda At. quen estará tomando parte na proba dos 3000 marcha M45.

O plusmarquista de España de pentatlon M65 Carlos Ferrer do Samertolameu, centrará a atención na especialidade de combinadas ao igual que varios dos campións e campioas de España da edición celebrada o ano pasado en Antequera.

Entre as mesmas estará presente Amalia San Martín do Egovarros de Viveiro a quen veremos tomando parte nas probas de velocidade da categoría F75. Victor Jose Méndez do At. Rías Baixas parte como claro favorito sobre os 60 valos na M45 ao igual que Jacinco Cea do Samertolameu nos 3000 marcha na M75 e a quen xa vimos batir o récord galego dos 10K marcha en ruta o pasado 25 de xaneiro en Marín. Pola súa banda Ramiro Méndez de A Gándara, será outros dos campions de España que esté en Expourense competindo nos 800 m. na M65.

Un dos atletas M70 con máis presenza e máis medallas en campionatos internacionais dos últimos anos, Pablo Fervenza do Samertolameu, será un dos principais protagonistas do campionato. Tomará parte  nas probas dos 800 m. e 1500 m

Continuando ca lista de inscritos, teremos nada menos que a tres subcampións de Europa tomando parte no campionato, Ros Sureda do Lucus CRG sobre o listón de altura na F60, Basi Bernárdez de A Silva na lonxitude M50 e Sergio Rodríguez da Gimnástica na proba dos 200 m. M35.

Por último no círculo de lanzamentos estaremos moi pendentes tanto do concurso de Helena Rey da Gimnástica na F50 como a de Javier Viteri do Samertolameu na M60, sin esquecernos da explusmarquista de España Lucía Ferreiro do At. Sada na F45, que estará concursando sobre o listón de pértega

Outras das atletas destacadas importantes que tamén estarán en Expourense serán a olímpica Julia Vaquero do Vet. de Samil na F55; Montse Fernández do At. Sada na F55, María Mesías do Riazor Coruña na F45; María de los Angeles Rodríguez  da At. A Silva na F65; Luz María Domínguez do Burgas Ourense na F60; Lina García do At. Sada na F55 e Manuel Paredes da At. Barbanza na M55 entre outros.

Lea también

El Natación Ferrol logra el Campeonato gallego alevín en Mos

El fin de semana se celebró en la Piscina Municipal As Pozas, en Mos, el …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *