O BNG de Narón dá un paso adiante cun requerimento contra a privatización da xestión da auga

O Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego (BNG) presentou un requirimento de emenda ao expediente CON/2025/42 relativo á xestión do Ciclo Integral da Auga. Esta medida chega tras a aprobación en sesión plenaria —cos votos do goberno e o apoio do PP— da modalidade de xestión indirecta (privada) para os vindeiros anos.

A formación nacionalista denuncia que o proceso se basea exclusivamente nun informe externo de parte, sen contar co aval dos departamentos técnicos municipais e ignorando alternativas de xestión pública ou mixta.

Para o requerimento BNG fundamenta en tres puntos críticos: primeiro na sustentabilidade financeira en dúbida (a Intervención municipal manifestou en informes de decembro de 2025 e xaneiro de 2026 que non pode pronunciarse sobre a repercusión real na sustentabilidade financeira do Concello); segundo polos custos de depuración ignorados (o expediente non ten en conta o cambio de escenario que se produce este 1 de xaneiro de 2026 na xestión da EDAR de Cabo Prioriño, unha variable que Intervención considera de «suficiente importancia» como para ser analizada antes de licitar); e terceiro polos cálculos «orientadores» (O BNG alarma que a memoria da consultora externa cualifica os seus propios cálculos como meramente orientadores e omite custos que o operador actual xa asume, como as amortizacións de ACUAES).

Así, desde o BNG alarman que iniciar o expediente para a contratación privada faise baixo “unha incerteza técnica e financieira” e unha irresponsabilidade que acabará repercutindo na calidade do servizo e no recibo que paga a veciñanza “temos problemas xa coa empresa mixta COSMA e agora que en xuño de 2027 por fin se estingue queren vender a auga de todos e todas a unha empresa privada directamente, sen filtros” indica o concelleiro nacionalista Geno Carballeira que representa ao BNG hoxe no consello de COSMA.

“Pedimos no noso requerimento a suspensión inmediata ata que se incorpore unha memoria que inclúa o impacto real dos custes de saneamento previstos para o 2026, un estudo comparativo real entre a concesión privada e a xestión directa e unha resposta por escrito que aclare que se pretende licitar un servizo esencial sen as garantías financieiras. Non é menor o que se pretende facer en Narón e cara onde imos no modelo defendido por Marián Ferreiro e Germán Castrillón: a de usar un ben público para o beneficio industrial dun novo chiringuito. Desde logo para o BNG isto supón algo moi grave e este requerimento é só un primeiro paso dos que pensamos dar”

Lea también

Muy buena actuación del Club Arco Narón en el Torneo Eliminatorias-Torre de Hércules

Este pasado sábado se celebró en A Coruña, organizado espléndidamente por The Cutarc Team, el …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *