Narón impulsa o aforro enerxético na empresa cunha xornada práctica no Pazo da Cultura

O Concello de Narón organiza este xoves 5 de febreiro, unha xornada centrada no aforro e na xestión eficiente da enerxía no ámbito empresarial, en colaboración coa Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal (COFER) e a Oficina de Transformación Comunitaria (OTC).
 
A sesión desenvolverase no Pazo da Cultura – Café Teatro, a partir das 09:30 horas, e ofrecerá ferramentas prácticas para reducir o consumo enerxético, entender mellor a factura da luz e aproveitar as oportunidades das comunidades enerxéticas e das compras conxuntas.
 
O encontro contará coa participación de Francisco Prol Hermida, enxeñeiro industrial e especialista en enerxías renovables, e de Rodrigo López Piquín, enxeñeiro civil, experto en sustentabilidade e director da OTC Narón.
 
A iniciativa forma parte do traballo da Oficina de Transformación Comunitaria de Narón para achegar solucións reais ao tecido produtivo local, favorecer o aforro, mellorar a competitividade das empresas e avanzar na transición enerxética.
 
A xornada está dirixida principalmente ás empresas asociadas a COFER, aínda que tamén está aberta a autónomos, pemes e profesionais interesados en mellorar a súa eficiencia enerxética.
 
A OTC Narón atende no Centro Social A Solaina, de luns a venres, de 09:00 a 15:00 horas, con atención presencial os martes e mércores.
 
As persoas interesadas poden solicitar información no teléfono 677 73 73 21 ou no correo electrónico otc@naron.gal. A actividade está cofinanciada con fondos da Unión Europea – NextGenerationEU, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Lea también

Enquisa sobre igualdade no deporte en Narón: tres de cada catro clubs ven necesaria máis formación

O Concello de Narón vén de facer públicos os resultados da enquisa sobre violencia machista …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *