Unha unidade móbil ADOS visita Narón o mércores 4 de febreiro

A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) desprazará unha unidade móbil á cidade de Narón este próximo  mércores 4 de febreiro. O vehículo permanecerá operativo nas proximidades do centro de saúde, en horario de 09:30 a 14:30 horas e de 15:30 a 21:00 horas.
 
 
Dende ADOS lembran a importancia de manter hábitos axeitados antes de doar sangue. Así, recoméndase que as persoas que acudan pola mañá tomen o seu almorzo con normalidade, e que aquelas que o fagan pola tarde agarden dúas horas despois do xantar. As persoas doantes deberán acreditarse coa tarxeta de doante, o DNI ou outro documento oficial de identificación, e informar ao persoal médico no caso de estar a seguir algún tratamento farmacolóxico.
 
O sangue non se pode fabricar e só é posible obtelo coa doazón de persoas solidarias que axudan a outras a recuperar a saúde. Grazas ás persoas que doan sangue, cada ano pódese axudar a preto de 31.000 persoas enfermas nos hospitais galegos. ADOS anima a buscar 15 minutos para doar sangue e salvar vidas. Para máis información pódese contactar co teléfono gratuíto 900 100 828, visitar a web ados.sergas.gal ou as redes sociais de ADOS.

Lea también

Odeón celebra el carnaval con una Fiesta Cantabaila inspirada en el cuento clásico de Hansel y Gretel

El Centro Comercial Odeón de Narón, organizará este lunes 16 de febrero una gran Fiesta …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *