Ferrol convoca unha nova edición do certame literario Carmela Loureiro

Entrega dos premios do certame Carmela Loureiro en 2025 | Concello de Ferrol

O goberno local de Ferrol quere reafirmar o seu compromiso coa promoción da lingua galega entre a mocidade convocando unha nova edición do certame literario Carmela Loureiro, tras á aprobación das súas bases este luns na xunta de goberno local.

Así afirmábao o alcalde José Manuel Rey Varela, nun certame onde poderá participar todo o alumnado dos centros de ensino non universitario da cidade e aqueles centros da comarca que formen parte da Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra (CENL).

O certame contará con tres modalidades, microrrelatos, micropoesía e microteatro. Na modalidade de microrrelato os participantes deberán elaborar un texto narrativo que non poderá exceder das 150 palabras e que deberá comezar polo texto ‘Escóllete ti’ do libro ‘Morgana’ da homenaxeda no Día das Letras Galegas 2026, Begoña Caamaño.

Os premiados recibirán unha tablet en cada persoa gañadora en categoría e modalidade e os accesit recibirán un libro electónico, en caso de que o xurado estime oportuno outorgalos.

Haberá trinta días hábiles para presentar as solicitudes de participación, unha vez se publiquen as bases no BOP.

Lea también

Cedeira abre as proxeccións dunha nova edición do ciclo de cine Mestre Mateo

Para o venres e o sábado, días 19 e 20, están previstas dúas sesións de …