O Desfile de entroido de As Pontes reparte 7.000€ en premios

O Concello das Pontes abre este mércores 28 a inscrición para participar no Desfile de Entroido 2026, que se celebrará o martes 17 de febreiro, e repartirá máis 7.000 euros en premios, repartidos entre todas as categorías do desfile: persoas adultas, infantil, grupos, centros educativos e carrozas.

Fuente Concello de as Pontes. Desfile Entroido 2025

A cabalgata está aberta á participación de todas as persoas que desexen formar parte desta celebración, sempre que cumpran a normativa recollida nas bases publicadas no Boletín Oficial da Provincia da Coruña. As modalidades inclúen disfraces individuais, parellas e tríos, grupos, centros educativos e carrozas, tanto en categoría adulta como infantil.

No apartado de premios, destaca a categoría de grupos, con dotacións de ata 700 euros para os grupos de máis de 10 compoñentes, así como a categoría de carrozas, que repartirá premios de 850, 675 e 550 euros para os tres primeiros postos.

Os centros educativos do Concello das Pontes tamén contarán con premios específicos, cun primeiro premio de 400 euros, recoñecendo o traballo colectivo, interxeracional e a participación comunitaria.

Na categoría de persoas adultas, os premios acadan ata 225 euros en parellas ou tríos e 100 euros en individual. Pola súa banda, a categoría infantil contempla premios para individual, parellas e tríos, así como unha dotación especial para a categoría de meniñas e meniños de ata 6 anos.

As inscricións deberán realizarse no Rexistro Xeral do Concello das Pontes ou a través da sede electrónica municipal, dende o día seguinte á publicación das bases no BOP e ata o luns 16 de febreiro ás 12:00 horas. O impreso de inscrición tamén estará dispoñible no Departamento de Cultura, na Casa Dopeso.

A saída da cabalgata terá lugar ás 17:00 horas dende a rúa Monte Caxado, percorrendo as principais vías da vila ata o patio do colexio Santa María, onde se dará a coñecer o fallo do xurado e se realizará a entrega dos premios ao remate do desfile.

Desde o Concello das Pontes anímase á veciñanza, colectivos e centros educativos a participar nun dos eventos máis destacados do Entroido, que combina creatividade, tradición e participación cidadá.

Lea también

A Deputación da Coruña convoca o XVII Premio Rosalía de Castro de Lingua

O premio Rosalía de Castro de lingua, convocado pola área de Normalización Lingüística da Deputación …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *