Ferrol en Común reivindica un sistema público galego de atención á dependencia

Ferrol en Común a través du comunicado afirma «a xestión do sistema de atención a dependencia por parte da Xunta de Galicia é un cúmulo de neglixencias, abusos laborais, e listas de agarda inasumibles tanto para a prestación do servizo como para a propia valoración da dependencia».

Para Ferrol en Común «hai dúas derivadas que poñen en risco e provocan o deterioro continuo do servizo na axuda no fogar: por unha parte a xestión por parte do Concello, obrigados pola Xunta de Galicia, dunha competencia que lle é impropia, que consume múltiples recursos e impide atender a outras emerxencias sociais debidamente. Por outra parte, a tendencia crecente de concesionar o servizo a empresas privadas, que están unicamente preocupadas polo seu beneficio empresarial, e non inclúen parámetros socias na prestación do mesmo».

É por iso que FeC, xunto con outras organizacións políticas e sindicais, con ASGADeD, o Colexio Oficial de Psicoloxía, o de Terapia Ocupacional, e o de Traballo Social, forma parte da Plataforma Emerxencia_Dependencia, en loita por:

– «Un sistema público galego de atención á dependencia, coordinado co SERGAS»

– «A calidade, dignidade e equidade para as persoas en situación de dependencia»

– «A mellora nas condicións de traballo das persoas profesionais do servizo»

«Para iso reivndicamos un aumento de persoal en valoración e prestación do servizo, imbricados nunha estrutura pública galega, baixo o asesoramento do Consello Galego de Benestar» conclúen

Lea también

El BNG entrega más de 1.500 firmas para exigir gestión pública en la residencia de mayores del Bertón

El BNG ha presentado este viernes más de 1.500 firmas en Ferrol para reclamar que …