Neda destinará os fondos do POS+2026 a mellorar o Camiño de Pontegrande e financiar servizos municipais

O pleno de Neda deu luz verde ao reparto da cantidade asignada ao concello pola Deputación da Coruña no marco  do Plan de Obras e Servizos POS + 2026. A administración local destinará boa parte dos fondos provincias ao financiamento de servizos básicos municipais, reservando ademais unha partida ao ensanche e pavimentación do Camiño de Pontegrande.

Así, a administración local aprobou destinar 279.850 euros a paliar o incremento dos gastos aos que ten que facer fronte con recursos propios, como consecuencia do aumento do prezos dos distintos servizos prestados á cidadanía e subas como a do tratamento do lixo imposta por Sogama.

Desta forma, poderá reservar máis fondos propios a investimentos. Nesta liña, cómpre lembrar ademais que xa en decembro, o goberno local destinaba os 44.416 euros do POS Social a gastos de axuda no fogar e emerxencia social.

Investimentos

En paralelo, resérvanse preto de 98.000 euros a investimentos financeiramente sostibles. Así, proporase a pavimentación do Camiño de Pontegrande, dende o cruce co Camiño de Balbís ata o “muíño do Carballo”, punto onde se iniciou nos últimos meses a pavimentación da vía que conduce a Pename. Unha vía pública que, debido ás condicións e ao intenso uso, require dunha posta a punto urxente.

O proxecto aprobado polo Concello inclúe o aglomerado asfáltico en quente esta vía de algo máis de medio quilómetro, que se verá ensanchada nas zonas de cesión das fincas edificadas e o entubado das cunetas de formigón, e a mellora dadrenaxe baixo a estrada das augas procedentes da ladeira de Pename.

Finalmente, aprobouse como proxecto complementario a transformación da área de xogo existente no paseo de Xuvia, ao pé do instituto, nun parque inclusivo infantil, que poidan desfrutar por igual nenos e nenas con e sen discapacidade, reforzando o atractivo deste espazo e o seu uso como área recreativa.

O POS+ 2026 saíu adiante por maioría absoluta, coas votos do PSOE e a abstención dos partidos da oposición, que suxeriron novas actuacións adicionais.

Lea también

Neda organiza el “Tardeo Remember solidario” para apoyar el trabajo de la AECC

Este próximo lunes 26 comienza la venta de entradas para el evento, con música de …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *