Ataques do lobo en Ferrolterra, Eume e Ortegal

Ferrol en Común levará a pleno a alarma social que está a provocar o ataque devastador dos lobos en Ferrolterra, Eume e Ortegal.

Reunión na AVV de Viladóniga-Vilasanche. Fuente FeC

Este venres día 23 os concelleiros de Ferrol en Común, Jorge Suárez e Nerea P. Carballeira, veñen de reunirse cun numeroso colectivo de veciños das tres comarcas, preocupados polo aumento da intensidade do ataque dos lobos ao seu gando, e mesmo aos seus cans, en zonas moi próximas ou mesmo directamente no seu interior dos núcleos de poboación. 

Dende Ferrol en Común «non podemos entender a pasividade da Xunta de Galicia, a quen se lle vén alertando dende novembro desta circunstancia, e que ten xeolocalizados todos os ataques con resultado de morte animal, sen que, até o de agora, se teña tomada medida algunha para poñer fin a unha situación que pode xerar perigo para as persoas de forma inminente, toda vez que son moitas as  testemuñas que acreditan que esta manada activa non ten medo do home, e actúa nun radio de 25 kilómetros cadrados, producindo ataques en fincas habitadas, como o recente na casa contigua da AVV de Viladóniga-Vilasanche». 

Logo de escoitar todas as demandas e preocupacións da veciñanza afectada, de común acordo, «decidimos levar a pleno unha moción que protexa a seguridade, tanto das persoas como dun sector primario incipiente que, a través dunha gandería e agricultura miúda está a preservar os nosos campos e toda a zona rural do abandono, con meritorio esforzo». 

Hai que ter en conta que algún ataque foi xa detectado non só en núcleos poboacionais da zona rural, se non mesmo as portas do núcleo urbano, en zonas moi próximas á estrada de Catabois, o que está a mudar os hábitos saudables da poboación desas áreas, que renuncian a pasear coas súas mascotas, asistir a actividades de tarde nos locales sociais ou desenvolver deportes ao aire libre. 

Reunión na AVV de Viladóniga-Vilasanche. Fuente FeC

O grupo político como parte do seu comunicado aos medios «agradece a iniciativa da AVV de Viladóniga-Vilasanche para agrupar a todas as persoas afectadas, e instaremos a todas as administracións a tomar medidas que devolvan ao lobo ao seu hábitat natural, o monte, con medidas xa contrastadas como canóns disuasorios, e que se incrementen as axudas para a colocación de pastores eléctricos para os gandeiros da comarca, que son irrisorias e non permiten unha loita eficaz contra os ataques cara aos seus animais». 

Lea también

O BNG de Ferrol demanda un arranxo integral para o Carvalho Calero

O BNG de Ferrol amosa o seu enfado respecto a que o goberno municipal non …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *