O BNG de Ferrol demanda un arranxo integral para o Carvalho Calero

Archivo. Centro cultural Carvalho Calero | Concello de Ferrol

O BNG de Ferrol amosa o seu enfado respecto a que o goberno municipal non contemplase nas obras de reparación do centro cultural Carvalho Calero, situado na praza do Inferniño, a reparación da fachada exterior do edificio, «a cal presenta fisuras, fendas e zonas con perdida de revoco que poden ser fonte de humidades e filtracións cara o interior», nin que tampouco se contemplasen elementos centrais e fundamentais nas obras da reforma interior como a instalación dun sistema de climatización e a renovación do sistema de ventilación «que non actúa sobre espazos como a biblioteca, non dispón de caudal variable, non ten en conta a concentración no ambiente de contaminantes e tampouco dispón de recuperadores de calor», tampouco se actúa en cousas «tan elementais» como o arranxo das butacas do salón de actos, «nin se prevé algunha alternativa para reabrir o local da biblioteca» que permanece pechado ao público.

Os nacionalistas ferrolanos solicitan que se faga unha reparación integral do centro cultural que debe de incluír estas melloras e critican que se gasten mais de 500,000 € para seguir mantendo numerosas deficiencias.

O concelleiro do BNG Roberto Montero comenta que «o máis razoable é arranxar primeiro a fachada exterior para que as humidades non poidan volver a deteriorar o arranxo interior e reprocha o PP que a veciñanza de Ferrol siga condenada a non poder usar con normalidade un espazo fundamental e céntrico na cidade como o salón de actos do centro cultural Carvalho Calero«.

Ningún colectivo quere facer actividade nun local coas butacas furadas que dan un aspecto lamentable das propias actividades a celebrar e degradan a imaxe da propia cidade de Ferrol, circunstancia aínda máis agravada cando non se dispón de un sistema eficiente de ventilación nin de climatización, a veciñanza ten que pasar frío ou calor” e cualifica non contemplar estas melloras como propio dun goberno de chapuzas encabezado por Rei Varela”.

O BNG tamén demanda unha solución para a apertura da biblioteca municipal, Montero explica que «os libros chegaron de novo a biblioteca grazas as doazóns da veciñanza e a labor da asociación de veciños» pero aclara que «non teñen nin capacidade nin tempo para ordenalos» e para ter un horario de apertura o público, “ é vergoñento que o goberno municipal descanse e mire para outro lado mentres a veciñanza intenta facer o traballo que tería que estar a facer o concello”.

Lea también

Rey Varela y José Tomé analizaron las actuaciones realizadas en Santa Mariña esta semana en el plan de barrios

Esta semana el plan de barrios del Concello de Ferrol tenía lugar en el barrio …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *