O Ciclo de Teatro Afeccionado de Neda pon en escena “A mala estrela”, versión libre de “Luces de bohemia”

Segunda entrega do I Ciclo de Teatro afeccionado Concello de Neda. Tras o éxito das “Bacantes”, este sábado 24 de xaneiro, a partir das 20 horas, a compañía ferrolá Opaí teatro- SDR Canido pon en escena “A mala estrela”, primeira versión galega libre da que para moitos é a obra mestra de Valle Inclán, “Luces de bohemia”.

Comeza a reserva e venda anticipada de entradas. Cristina Mariño e Carlos Castrillón fan a súa propia versión deste clásico da literatura española, que supuxo a renovación do teatro nas primeiras décadas do século XX. Coa súa mirada degradante e grotesca da sociedade da época, a obra inaugura o xénero do “esperpento”.

Apuntan dende a compañía que “A mala estrela”, estreada o pasado mes de xuño, “seguindo esa mirada orixinal, crea novas situacións que responden ao mundo actual, e combínanse algúns dos dramas da sociedade actual coa retranca e as escenas de humor máis acedo”.

Conforman o elenco desta obra de Opaí teatro-SDR Canido, dirixida por Cristina Mariño, María Adega, Andrea Bechlian, Marcela Ceballos, Miguel Curveira, Manuel López, Fran Muíño, José Piñeiro e Estela Porta.

Xa está disponible a reserva e venda anticipada de entradas para o espectáculo na biblioteca municipal (teléfono 981390233, de 9 a 13 e de 16 a 20 horas). O día da función poderanse conseguir a partir das 17 horas. O prezo das localidades é de 2 euros.

Lea también

Presentación en Mugardos de la novela ‘La ría de las segundas oportunidades’ de Manel Fernández

  Este mismo sábado tendrá lugar la cuarta novela del escritor ferrolano Manel Fernández Barreiro ‘La …