Celebrada en Ferrol a primeira mesa xeral de negociación do ano 2026

O Goberno local reafirma o seu compromiso co diálogo permanente e coa escoita das organizacións sindicais.

Mesa Xeral Negociación- Concello de Ferrol

A concelleira de Recursos Humanos, Susana Sanjurjo, presidiu, acompañada do tenente alcalde, Javier Díaz Mosquera, a primeira Mesa Xeral de Negociación do ano 2026. “Este Goberno local cumpre co seu compromiso de convocar de maneira regular a Mesa Xeral de Negociación, co obxectivo de escoitar as demandas do persoal municipal e avanzar conxuntamente na mellora das condicións laborais”, afirmou a edila.

No transcurso da reunión, abordáronse diferentes asuntos de interese para o persoal funcionario, entre eles cuestións relacionadas coa formación e as revisións médicas. Así mesmo, informouse da incorporación de sete novos bombeiros ao Parque Municipal, que pasará de contar con 41 efectivos a un total de 48 no mes de febreiro. A cidade contará, así, coa ratio de 0,74 bombeiros por cada 1.000 habitantes a máis alta das sete grandes cidades galegas.

Ademais Sanjurjo destacou tamén a creación, por primeira vez na cidade, dunha bolsa de interinos para o servizo de bombeiros, que permitirá cubrir de maneira áxil e eficaz baixas, vacantes ou reforzos puntuais do servizo sen comprometer a continuidade nin a calidade da atención ás emerxencias.

Lea también

Ferrol busca nuevas fórmulas para reactivar el comercio local a través de la Mesa de Comercio

El Concello de Ferrol ha reactivado el debate sobre el futuro del pequeño comercio con …