Valdoviño pechará este mércores a estrada de acceso ao Faro de Meirás ante a alerta vermella no mar

A medida estará vixente a partir do mediodía deste mércores 21, e ata que o nivel de alerta non se rebaixe a laranxa na costa.

Faro de Meriás- Archivo

O Concello de Valdoviño pechará ao tráfico a estrada de acceso ao Faro de Meirás este mércores ao mediodía. A medida adóptase, como é habitual, ante a previsión do empeoramento do temporal no mar, que obrigará a elevar de laranxa a vermello o nivel de alerta. No seu último boletín, a Axencia Estatal de Meteoroloxía sinala que a situación agravarase a partir das últimas horas dasta tarde, e a restricción ao tránsito estará vixente namentres se manteña a alerta vermella.

Con esta decisión o Concello extrema as medidas de precaución co fin de previr accidentes na zona, especialmente perigosa coas condicións do mar que se agardan: mar combinada de 8 a 9 m, e ventos do Noroeste de 50 a 61 km.

Así mesmo, o Concello fai un chamamento á poboación para evitar achegarse á zona de costa e cumprir en todo momento as recomendacións do 112. Entre outras, afastarse de paseos marítimos, rompentes, praias e cantís, respectar os cordóns de seguridade e as indicacións dos axentes, e non parar nunca a tomar fotografías. Ademais, queda prohibido o baño e a práctica de deportes náuticos namentres se manteña a alerta vermella.

Lea también

Una mujer herida en una colisión de dos vehículos en Mera de Abaixo, en Ortigueira.

Una mujer I.N.G.A. de 36 años de edad ha resultado herida al colisionar frontalmente dos …