Sanysec-Ourense Atletismo na categoría feminina e Sociedad Gimnástica de Pontevedra na masculina, proclamáronse esta pasada fin de semana campións galegos de Copa indoor na edición levada a cabo na pista cuberta de Expourense.

Este ano, a diferencia do pasado, non houbo sorpresas e os principais favoritos á Copa impuxéronse nun encontro cargado de emoción e intensidade.
No apartado feminino o Sanysec-Ourense Atletismo lograba o seu terceiro título consecutivo, certificando un novo periodo de dominio copeiro. Lideradas polas saltadoras Iria Solera en altura, Manuela Blanco en pértega e Alba Martínez en triplo, así como por Irma Veiguela nos 800 m. e Andrea Reija nos valos, as ourensáns foron distanciandose do resto de equipos ata lograr unha suma final de 89 puntos.
A once puntos de distancia quedaba a Gimnástica de Pontevedra como subcampión de Copa con Cris Garrido, Sabela Martínez, Paula Fernández e Andrea Villaverde como as mellores gimnásticas. O Celta Atletismo con 66 puntos, completaba os postos de honra.

Na categoría masculina, a Gimnástica, coa lección ben aprendida do ano pasado, non quixo deixar lugar a sorpresas e saíu á pista co claro obxectivo de sumar a súa décimo segunda copa. Deles foron os triunfos parciais nas probas de medio fondo, fondo e remudas de mans de Pedro Osorio nos 800 m. e de Carlos Porto nos 3000 m, así como nos concursos de altura e de lonxitude con Adrián Pastoriza e Sergio Coello respectivamente.
Por parte do Celta, Pablo Fernández en pértega e Miguel Angel Granado en peso foron os máis destacados dos celestes quenes quedaban segundos a cinco puntos dos campións.
Cos dous primeiros postos decidos, a emoción centrouse en determinar cal era o terceiro conxunto clasificado desta edición á que aspiraban con máis opcións lucenses, coruñeses e naroneses. Antón Cillero gañador dos 60m. e Eloy García gañador dos 200 m. xunto ao resto de integrantes, despexaban a igualdade para que finalmente o Marineda Atlético volvera a un podio dun campionato de Copa.
Galicia Ártabra Digital Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.