As Pontes licita a construción dun novo módulo de nichos no cemiterio dos Alimpadoiros

O Concello das Pontes licita as obras para a construción dun novo módulo de nichos de formigón no cemiterio dos Alimpadoiros, cun orzamento de licitación de 92.000 euros.

Nichos en el cemiterio de as Pontes

A actuación contempla a construción dun módulo duns 99 metros cadrados de superficie, que albergará 96 nichos e 32 columbarios, distribuídos en tres alturas cun columbario na parte superior, un sistema amplamente implantado e aceptado pola veciñanza.

As obras executaranse mediante un sistema de formigón armado realizado in situ, empregando moldes prefabricados, o que permitirá unha execución rápida, cun custo contido e cunha alta durabilidade. Este método construtivo garante unha estrutura monolítica, de gran resistencia e totalmente hermética, evitando filtracións de lixiviados, emisións de gases e problemas de humidades, cumprindo así cos requisitos sanitarios e ambientais esixidos.

O proxecto inclúe a execución da cimentación mediante losa de formigón armado, a conexión do módulo á rede de saneamento existente, a instalación de sistemas de evacuación de augas e lixiviados, así como a construción dunha cuberta de pizarra natural que permitirá a integración estética do novo módulo no conxunto do cemiterio.

Con esta licitación, o Concello das Pontes continúa a traballar na mellora dos servizos públicos municipais, garantindo unhas instalacións funerarias modernas, seguras e adaptadas ás necesidades actuais e futuras da poboación.

Lea también

O concello de Pontedeume habilitará de novo os baños públicos da parte baixa do Torreón dos Andrade

O Concello de Pontedeume informa de que xa deron comezo os traballos de reparación e posta a punto dos baños públicos que se atopan na parte baixa do …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *