O concello de Pontedeume habilitará de novo os baños públicos da parte baixa do Torreón dos Andrade

O Concello de Pontedeume informa de que xa deron comezo os traballos de reparación e posta a punto dos baños públicos que se atopan na parte baixa do Torreón dos Andrade, co obxectivo de reabrilos tras máis de tres décadas pechados. 

«Desta forma, daremos cumprimento a unha demanda realizada por numerosos veciños e veciñas, ao tempo que se habilita un servizo que será especialmente práctico para os usuarios e usuarias da zona de xogos dos xardíns de Lombardero«, explica o alcalde Bernardo Fernández Piñeiro

O corredor interior de entrada aos baños contará cun sistema de control de aceso, coa fin de garantir a seguridade e un correcto uso da instalación. 

Ademais, o rexedor informou de que se está a redactar a día de hoxe un proxecto para a mellora e rehabilitación dos xardíns.  Unha vez rematada a fase de redacción, o proxecto deberá contar coa autorización de patrimonio, e unha vez obtida dita autorización procederase á súa execución. 

Esta nova actuación permitirá, segundo explica Fernández Piñeiro, «renovar a iluminación, as varandas e a cuberta da paxareira, que será reconvertida nunha zona de abrigo con bancos e un punto de lectura», así como «actuar sobre o pavimento dos corredores, mellorar espazos da zona verde e a recollida de pluviais e repoñer especies arbustivas e arbóreas». 

Lea también

Ares acoge este sábado 12 una jornada de degustación de productos de la ría de Ferrol

La atividad, organizada por la Cofradía de Pescadores de Ferrol, tendrá lugar de 12:00 a …