The Homens volven tocar en Ferrol despois de 15 anos

Volven The Homens a Ferrol 15 anos despois do seu último concerto na cidade.

The Homens. Foto- RocíoCibes (31/10/25)

O grupo compostelán de power pop regresa aos escenarios mantendo a formación orixinal, con Xocas (batería), Le Roi (baixo) e Martin Wu (guitarra e voz).

A banda actuará o próximo venres 23 ás 22:00 horas na sala Urania (rúa Real, 223) recuperando a fórmula que os fixo ser, no primeiro decenio do século, un dos grupos con máis quilómetros do panorama galego.

Enerxía e melodía, rabia e luminosidade: o trío do Castiñeiriño volve montar na furgoneta para repasar os seus EPS e os discos Tres (2007) e Cuarta potencia (2009) e presentar as cancións que, o próximo outono, formarán parte dunha quinta edición discográfica.

Lea también

Una placa conmemorativa recuerda el centenario de la sede del Casino Ferrolano en la calle Real

El alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, asistió este jueves al acto de colocación …