CEIP San Xoán de Filgueira gaña o premio das II xornadas escolares “As Pepitas” de Ferrol

Un vale de 200 euros para mercar instrumentos musicais.

CITES FERROL, coa axuda de Cultura do Concello de Ferrol, organizau a finais do 2025 as II Xornadas Escolares de “As Pepitas”, que esta vez estiveron dedicadas aos instrumentos das Rondallas ferrolás. Entre os obxectivos destas xornadas estivo espertar o interese entre os máis novos para garantir a continuidade da festa, así como apoiar o recoñecemento de “As Pepitas” como festa de interés turístico nacional.

Entre os centros que recibiron a visita dunha das Rondallas foi sorteado un vale de 200 euros para mercar nunha tenda de música de Ferrol.

O colexio gañador, tras a realización dun sorteo dixital, foi o CEIP San Xoán de Filgueira que acolleu o premio con moito estusiasmo, e que recibiu hoxe o vale correspondente de máns da Presidenta de Cites Ferrol, Patricia Pérez Marín.

Grazas a esta iniciativa, tanto @s escolares como os mestres poideron coñecer de primeira man a orixe das Rondallas, a historia da festa, o que fan cada noite do 18 de marzo, e durante todo o ano, e os instrumentos que tocan. Con esta iniciativa, CITES continúa a dar pequenos pasos para fundar a primeira rondalla infantil, que xa ten algúns interesados e que daría continuidade a esta Festa, única en todo o mundo.

Lea también

La profesional de digestivo del CHUF Lidia González Peñas, seleccionada como participante del Mentorship Program for Women in Endoscopy

La profesional del Servicio de Digestivo del Complejo Hospitalario Universitario de Ferrol, Lidia González Peñas, …