Disputa da XXI Copa de Clubs Absoluta en Pista Curta

Esta fin de semana chega toda a emoción do campionato máis dinámico do ano ca celebración da XXI Copa de Galicia de clubs de pista curta á que acuden un total de once equipos a tomar parte no mesmo.

Fuente Federación Galega de Atletismo

Logo do título logrado o ano pasado polo Celta Atletismo na categoría masculina e no que se rachaba a hexemonía exercida pola Gimnástica nos últimos once anos, cabe agardar para esta cita un gran encontro na que os pontevedreses intentarán recuperar o título e segir sumando copas ás súas once actuais que o acreditan como o conxunto galego con máis títulos. Pola súa contra, o Celta acude tamén ca moral de saber posible reeditar o triunfo do ano pasado e sumar a súa sexta copa.

Para o terceiro posto de podio, posicionanse tanto Atletismo Sada como Atletismo Narón como principais favoritos, sen esquecer nin ao Marineda Atlético nin ao Atletismo Santiago.

Sanysec-Ourense Atletismo, favorito en mulleres

Na categoría femenina o Sanysec-Ourense Atletismo parte a priori como o rival a batir polo resto de equipos logo do importante reforzo experimentado polo conxunto de As Burgas nos últimos anos o que lle permitiron erguer a Copa nas edicións do 2024 e 2025 ademáis de lograr o ascenso á segunda División RFEA. Precisamente esa mesma división era a que salvaba o Celta Atletismo in extremis o ano pasado polo que a bo seguro acudirán a Expourense con gañas de comezar con boas sensacións este 2026.

A Gimnástica de Pontevedra será outro dos equipos que tamén estarán na loita directa polo título nun campionato na que o RIA Ferrol, quen lograba recuperar o posto na División de Honra, non acostuma acudir a esta cita con todo o seu verdadeiro potencial.

Banco de probas

Este campionato representa un excelente banco de probas para poñer a punto as últimas fichaxes dos conxuntos de cara as competicións por clubs deste 2026 que darán comezo a finais do mes de abril.

Fuente Federación Galega de Atletismo
Fuente Federación Galega de Atletismo

Lea también

El Perfumerías Avenida arrolla al Baxi Ferrol en la ida de los octavos de la Eurocup

Adán Puentes (X: @adanpuentes | IG: @adanpuentes89) El Perfumerías Avenida no ha dado ninguna opción …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *