Os concelleiros de Ferrol en Común, Nerea P. Carballeira e Jorge Suárez, mantiveron unha reunión de traballo coa Agrupación de asociacións da zona rural co fin de achegar posturas e coñecer as demandas e necesidades do Ferrol moitas veces invisibilizado e afastado do casco urbano, entre elas as seguintes:
«Demandamos unha regulación urxente do inventario municipal, xa que son moitos os camiños públicos que dan acceso a vivendas e que non pode ser reparados por non estar inventariados».
«Instamos a destinar unha partida do orzamento para a sinaléctica do rueiro da zona rural, tal e como está feito en concellos colindantes, co fin de facilitar o acceso a ambulancias, bombeiros, provedores, etc».
«O incremento do sector primario na zona rural, con gandería extensiva, está a provocar conflitos e precisa unha ordenanza que regule a instalación de pastores eléctricos, xa que a día de hoxe están a invadir en moitas ocasións espazo público, ou ben dificultan a labor de roza da empresa concesionaria».
«Solicitamos e adherímonos á proposta de facer un esforzo no ámbito cultural para evitar a discriminación coa zona urbana, incrementado as actuacións de Ferrol a escena de seis a nove actuacións«.
«Coa paralización da Ordenación de regulación de estacionamento decidida polo Partido Popular neste mandato, impediuse a regulación para as explotacións madeireiras que traballan no noso termo municipal, que deixan pistas danadas e en estado perigoso, así como para o aparcadoiro de caravanas ordenado, que permita a convivencia pacífica entre veciños e turistas, polo que instamos á súa recuperación»
«O estado das beirarrúas, iluminación e aglomerados é decrépito, e precisa dunha actuación ordenada, baseada nun calendario, cunha partida orzamentaria concreta, e co consenso e participación das entidades veciñais, que permita desenvolver un proxecto de investimentos plurianual para evitar a discriminación histórica da zona rural, lembrando o consenso plenario, incumprido ata o de agora, de destinar un millón e medio de euros en cada orzamento a ese fin».
Galicia Ártabra Digital Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.


