Máis de 1000 corredores participan en Ferrol na XLII Carreira Popular de San Xiao

Celebrarase este domingo e a saída e a chegada situaranse nas proximidades do pavillón municipal de Esteiro.

O concelleiro de Deportes, Ricardo Aldrey, presenta a XLII Carreira Popular de San Xiao 2026, que organiza este domingo día 18 de xaneiro o Concello de Ferrol co control técnico da Delegación en Ferrol da Federación Galega de Atletismo e na que que participarán máis de 1.000 persoas entre todas as categorías.

Aldrey destacou a gran acollida en canto a participación, xa que desde hai días as 800 inscricións dispoñibles para a proba absoluta están cubertas.

O percorrido da proba absoluta será de 10 quilómetros e terá saída -ás 11:00 horas- e chegada nas proximidades do pavillón de Esteiro. Este ano o trazado habitual de anos anteriores verase modificado, polo que o retorno en lugar de facerse pola avenida de Esteiro, realizarase polas rúas Mac Mahón, Espoz y Mina, Fernando VI, Ánimas e San Ramón onde estará a liña de meta. Cómpre lembrar que un dos principais atractivos da carreira é a súa incursión no Arsenal Militar de Ferrol e nesta edición os corredores accederán ao mesmo pola porta de Enfermería e sairán pola porta da Cortina.

A retirada de chips e dorsais poderase efectuar ao longo do venres 16 (de 16:30 a 20:30 horas) e o sábado 17 no pavillón polideportivo de A Malata (de 09:30 a 13:30 horas e de 16:30 a 20:30 horas), así como o domingo 18 de xaneiro, desde as 08:00 ata as 10:30 horas no pavillón de Esteiro.

A organización premiará aos tres primeiros clasificados masculinos e femininos de cada unha das categorías absolutas e de menores agás a categoría peques. A entrega de trofeos realizarase ao finalizar a carreira.

 

Lea también

Avanzan las obras de remodelación de las pistas de fútbol de Caranza para crear un nuevo campo de fútbol 11

Las obras de remodelación de las actuales pistas de fútbol 8 del parque deportivo de …