O alumnado de Narón súmase á edición 2026 do Club de Debate Alingua xunto a outros 36 equipos

O Concello de Narón participa na edición 2026 do Club de Debate Alingua, unha iniciativa de promoción do uso oral do galego na que participan un total de 37 equipos procedentes de 13 concellos galegos, con preto de 400 persoas implicadas entre alumnado e profesorado.
 
Fuente Concello de Narón/Club debate Alingua Naron en Betanzos
 
O programa está dirixido a alumnado de 3º e 4º de ESO e 1º de Bacharelato —ou cursos equivalentes de ciclos formativos—, organizado en equipos de ata dez integrantes que contan cun docente responsable do seu adestramento e coordinación. Como paso previo á fase competitiva, os equipos comezaron esta semana as xornadas formativas.
 
O alumnado de Narón participou este mércores 14 na primeira sesión, celebrada en Betanzos, que reuniu tamén estudantes dos centros educativos de Ferrol e Pontedeume. Estas xornadas teñen como obxectivo que a mocidade se familiarice coa dinámica dos debates e reciba formación en técnicas de comunicación oral e argumentación.
 
Fuente Concello de Narón/ Club debate Alingua en Betanzos
Tras esta fase preparatoria, as fases clasificatorias da competición desenvolveranse ao longo do mes de marzo. O Club de Debate Alingua é un proxecto impulsado pola Asociación de Entidades pola Lingua Galega (Alingua) e desenvolvido en colaboración cos servizos municipais de dinamización lingüística.
 
A iniciativa busca fomentar o uso do galego entre a mocidade, especialmente no ámbito oral, ao tempo que promove o pensamento crítico, o traballo en equipo, a tolerancia e a diversidade de opinións.
 
Fuente Concello de Narón

Lea también

O CIMIX, Narón, intégrase na Rede Galega de Centros Museísticos

A Xunta de Galicia vén de notificar ao Concello de Narón a aprobación da solicitude …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *