Neda destinará este curso 25.000 euros para os servizos de madrugadores e comedores escolares

Do total previsto, 15.000 euros irán destinados a apoiar os programas no CEIP de Maciñeira -con maior número de alumnado- e 10.000 no CEIP San Isidro.

O Concello de Neda colaborará un ano máis coas ANPAs dos coles da localidade para ofrecer o servizo de madrugadores e comedor escolar nos centros educativos, contribuíndo deste xeito a facilitar a conciliación das obrigas laborais e o coidado dos fillos e fillas menores por parte das familias.

Nesta liña, o Concello reservará neste curso 2025-2026 unha partida de 25.000 euros para apoiar o financiamento dos gastos derivados de ambos servizos. Incrementa de novo os fondos destinados ao programa, sumando 9.000 euros nesta convocatoria.

Do total previsto, 15.000 euros irán destinados a apoiar os programas no CEIP de Maciñeira -con maior número de alumnado- e 10.000 no CEIP San Isidro.

Deste xeito, a Xunta de Goberno Local someterá a aprobación as subvencións nominativas que articularán as axudas, paso que despexa a firma entre o Concello e as respectivas ANPAs, encargadas da xestión destes recursos, que se teñen convertido nun piar clave da oferta complementaria dos dous centros.

Os acordos contemplan a posibilidade de percibir as cantidades fraccionadas en tres pagos, adiantando así os cobros e facilitando liquidez ás ANPAs para asumir os custes. De acollerse a esta posibilidade, terán que xustificar en xaneiro o 40% dos gastos subvencionables -correspondentes ao periodo entre setembro e decembro-; en abril o 30% -de xaneiro a marzo-, e en xullo, o 30% restante -de abril a xuño-.

Lea también

Evacuadas 12 personas de un tren detenido en un túnel en Mañón por la presencia de una chapa metálica en la vía

Una docena de personas ha sido evacuada de un tren detenido en la noche del …