Entrevista a Lucía Pérez. «Lucía Pérez, Viña del Mar e os galegos da diáspora»

Joaquín Enríquez conversa neste programa coa artista eurovisiva Lucía Pérez. Falarán da súa xira por Chile, rememorando os recordos que lle trouxo a artista lucense voltar á Quinta Vergara onde estivo participando en dúas edicións do Festival de Viña del Mar. Tamén falarán dos seus últimos sinxelos e de proxectos que están por chegar.

Cara ao final do programa escoitamos ao grupo de acordeonistas de Cedeira que capitaneados polo mestre Javier Díaz Carrasco veñen de acadar a medalla de ouro no Festival de Acordeón de Arrasate.

Lea también

Sabados no cruceiro diciembre 2025

Talento e Responsabilidade Social no Campus Industrial de Ferrol

O Magazine conducido por Joaquín Enríquez volta prestar especial atención ao Campus Industrial de Ferrol …