Ferrol en Común a través dun comunicado expón o seguinte «namentres o Partido Popular está enleado en vendernos o mantra da Cidade do Deporte e de Abrir Ferrol ao mar, que case despois de tres anos o único que temos palpable é un anaco de muralla derruído de seis metros de ancho, a cidade está a presentar no seu mantemento ordinario un aspecto deplorable».

«A falta de supervisión de todos os servizos desemboca en rúas sucias, contedores desbordados, vertedoiros incontrolados ou fochancas sen reparar».
«Logo de todo o derroche lumínico do Nadal», Ferrol en Común «quere poñer de relevo que a nosa cidade é algo máis que o barrio da Magdalena, que a xente que nos visita e vén reunirse cos seus familiares vai, na súa inmensa maioría, achegarse nalgún momento das vacacións as nosas praias». «E por iso queremos denunciar que dende o final do verán non existe ningún tipo de mantemento das instalacións fixas que deben dar un servizo público á cidadanía».
«Sen limpeza, sen reposición de elementos fixos, ou suministros esenciais como papel hixiénico ou xabón, a imaxe de entrada ao noso entorno natural, á praia máis concorrida como a de Doniños, son uns WC públicos vandalizados, antihixiénicos e totalmente abandonados»
Por iso Ferrol en Común demanda «unha actuación urxente que adecente estas instalacións, que entren dentro do plan de limpeza municipal, e que se repoñan periodicamente todos os suministros para dar un servizo real e hixienizado á cidadanía e que mellore a imaxe que estamos a dar de cara as persoas que visitan o noso entorno».

Galicia Ártabra Digital Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.