Cedeira presenta a Portos o proxecto de construcción dunha nave para actividades náuticas

O goberno local de Cedeira formaliza a solicitude dunha concesión demanial de 468m2, no dominio portuario, para unha infraestrutura que prestará ao Club de Remo.

Fuente Concello de Cedeira

O Concello de Cedeira remite a Portos de Galicia o proxecto técnico e a documentación complementaria da solicitude dunha concesión demanial para levantar unha nave de servizos para actividades náuticas.

A administración local prevé construír un edificio de 300 metros cadrados -con planta rectangular de 15x20m- no que actualmente é zona de aparcadoiro, coa finalidade de servir como almacén de embarcacións e para albergar outros servizos especialmente orientados ao Club de Remo local. O orzamento da actuación é de 312.612,50€.

Fuente Concello de Cedeira

O lugar elixido está próximo á rampla pola que as embarcacións entran e saen do mar. Tal e como se especifica no proxecto técnico, a solicitude da concesión abrangue en total unha ocupación de terreos portuarios de 468m2, porque aunque inicialmente se van construír 300 en planta, a nave terá unha zona de servizo arredor e a previsión é completar máis adiante a instalación cunha zona cuberta no lado oeste.

Toda esta zona de servizo para o Club de Remo estará circundada por unha beirarrúa -aproveitando en parte a xa existente na parte norte-. A maior parte da nave será diáfana para facilitar o almacenamento de embarcacións. Resérvanse 24 metros cadrados para vestiarios e 120 para un ximnasio. A construción terá tres portalóns na parte sur.

Fuente Concello de Cedeira

Lea también

Este miércoles llegada de los primeros vehículos MG al puerto exterior de Ferrol. Entrevista con el nuevo presidente de la Autoridad Portuaria

Con motivo de la llegada este miércoles del Anji Forever, el primer buque portavehículos del …