A obra, escrita e dirixida por Santiago Cortegoso, fala do que representou na vida dos traballadores e as súas familias a loita obrera no sector naval vigués nas décadas dos 70 e os 80.
Ibuprofeno Teatro leva este venres 20 ao escenario do Auditorio Municipal de Cedeira a obra “Reconversión”, un espectáculo de gran formato, con música e directo e dirixido ao público adulto que fala da loita obreira no sector naval de Vigo durante as décadas dos 70 e os 80.
A representación será ás 21.00 h0ras e as entradas estarán á venda na billeteira desde unha hora antes, ao prezo de 3,50€, ainda que tamén se poden reservar de xeito anticipado por Whatsapp, no 649 876 614, ou por mail escribindo á dirección enrique.vazquez@cedeira.gal.
“Reconversión” é unha obra escrita e dirixida por Santiago Cortegoso e constitúe un exercicio de memoria histórica arredor do que representou a transformación dos asteleiros naqueles anos. O autor fala de primeira man, a través da peripecia vital do seu propio pai, que traballou en Ascón durante trinta anos e que sintetiza as vivencias de toda unha xeración. Sobre o escenario estarán oito actores, exercendo tamén de músicos e formando unha charanga.
Ibuprofeno Teatro estreou hai un ano na Coruña esta peza, que ten recibido o premio do público na 41 edición da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia e o de mellor dirección no XXVIII Certame Nacional de Teatro Profesional Garnacha de Rioja.
Galicia Ártabra Digital Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.

