Triatlón Ferrol abre a temporada 2026 con opcións de medalla no Cto Galego de Dúatlon Cros

Mar Delgado opta ao noveno título no Dúatlon de Reis de Vimianzo.

Fuente Triatlón Ferrol

O Club Triatlón Ferrol contará con dez duatletas na primeira proba da temporada 2026 que se celebra esta fin de semana en Vimianzo e que reparte os títulos do Campionato Galego de Dúatlon Cros.

Destaca a participación de Mar Delgado, vixente campioa galega e gañadora oito veces da proba do Dúatlon de Reis. Contan tamén con opcións ás medallas das súas categorías Ariel Soto Meizoso, en xuvenil, ou Juanchi González, en veteranos 2.

A delegación ferrolá complétana os cadetes Miguel Benasach e Adrián Canosa, a junior Ariadna Soto Meizoso, os absolutos Antonio Souto e Víctor Santillana e os veteranos Sito Alvite e Manu Pita.

As probas dan comezo o domingo a partir das 9:30 horas e desenvolveranse en distancia superesprinte para as categorías menores (1,8 km de carreira a pé, 9,8 km en bicicleta BTT e 800 m de carreira) e en distancia estándar nas categorías absolutas (5,4 km de carreira, 21 km en BTT e 3,6 km de carreira).

Lea también

Excelentes sensaciones para el Club Sincro Ferrol en el Campeonato gallego de invierno de Ourense

El pasado fin de semana, el Club Sincro Ferrol participó en el Campeonato gallego de …