O Concello de Pontedeume merca tres novas fincas para destinar a aparcamento

O Concello de Pontedeume asinou ante notario a compra de tres novos soares para que sexan destinados ao estacionamento de vehículos. As fincas adquiridas atópanse na avenida de Ferrol, a carón da antiga Escola Unitaria de Centroña e á entrada da da urbanización Olmo. 

A adquisición desta última, ademais de posibilitar a creacion zona de aparcadoiro, permitirá a construción do novo aceso á urbanización, tal e como consta no proxecto xa aprobado e en proceso de licitación. 

«Estes soares veñen a sumarse aos mercados con anterioridade en múltiples puntos do municipio, incrementando desta forma as prazas de estacionamento da nosa vila tanto no rural como no centro urbano«, sinala o alcalde Bernardo Fernández Piñeiro. 

No caso da finca xunto á antiga escola de Centroña, habilitaranse arredor de 18 novas prazas, as mesmas que se crearán na avenida de Ferrol e que virán a compensar as 8 que se anulan como consecuencia do proxecto de humanización da citada avenida. No caso do Olmo serán 30 as prazas habilitadas. 

Así mesmo, dende o Concello informan de que nas vindeiras semanas asinarase tamén ante notario a compra do edificio en esquelete que se atopa na rúa Picho, incluíndo outras tres parcelas anexas que suman máis de 5.000 metros cadrados. 

«Isto permitiranos demoler esa edificación para dotar de máis prazas de estacionamento da zona, así coma habilitar una zona de hortas urbanas e un parque», explica o concelleiro de Urbanismo, Daniel Ríos.

Lea también

Os Reis Magos inician este venres en Moeche o seu percorrido pola comarca

O Concello de Moeche organiza este venres día 2, a partir das 17:00 horas, a …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *