As Pontes activa unha campaña porta a porta para entregar os kits do residuo orgánico

O Concello das Pontes continúa a reforzar a campaña de impulso á recollida da fracción orgánica con dúas accións consecutivas que se desenvolverán a partir do 15 de marzo, co obxectivo de facilitar información directa á veciñanza e promover unha correcta separación dos biorresiduos.

Ao día seguinte, luns 16 de marzo, iniciarase un dispositivo informativo porta a porta. Un equipo percorrerá o municipio para facer entrega dos kits do residuo orgánico nos fogares e ofrecer explicacións prácticas sobre como separar correctamente a materia orgánica no ámbito doméstico. Esta acción permitirá achegar o servizo á veciñanza, facilitar o material necesario e reducir a presenza de impropios no contedor marrón.

Con estas iniciativas, o Concello das Pontes avanza cara a un modelo de xestión de residuos máis sostible e de proximidade, baseado no aproveitamento da materia orgánica e na implicación activa da poboación.

Esta actuación conta co apoio da Xunta de Galicia e está financiada polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Next Generation EU, no marco do traballo impulsado polo Consorcio As Mariñas para promover un modelo de xestión sostible e eficiente.

Lea también

La Xunta adquiere las instalaciones de Einsa en As Pontes para impulsar un gran proyecto industrial

La Xunta de Galicia ha adquirido las instalaciones de la empresa Einsa en As Pontes, …