Fene ultima os preparativos da Cabalgata de Reis que percorrerá as rúas do concello o vindeiro luns

Ademais, como novidade, anúnciase unha chocolatada para nenos e nenas.

Archivo-

Coma todos os anos, as Súas Maxestades Melchor, Gaspar e Baltasar visitarán Fene o luns, 5 de xaneiro, a poucas horas da noite máis máxica do ano. A cabalgata dos Reis Magos de Oriente sairá ás 17.30 horas do CCRD de Perlío (rúa San Salvador) e percorrerá a Avda. Marqués de Figueroa e a Avda. Naturais ata chegar á praza do alcalde Ramón J. Souto González (a carón da Casa do Concello) onde recibirán aos nenos e nenas que queiran conversar con eles e transmitirlles os seus desexos.

O desfile contará este ano con 5 carrozas, un total de 32 paxes reais e o acompañamento da banda de gaitas Airiños de Fen, dun grupo de baile da escola Fusion Dance e animación. Unha vez finalizada a cabalgata, a Concellería de Cultura de Fene organiza unha festa infantil, baixo carpa, a carón da Casa do Concello, entre as 18.00 e as 20.00 horas.

Ademais, como novidade, anúnciase unha chocolatada para nenos e nenas (ata esgotar existencias), coa colaboración da AC Tadetas e AVV San Xurxo de Magalofes.

Lea también

Fallece un motorista, vecino de Fene, en un accidente de tráfico en As Pontes

Un motorista de 58 años, J.M.C. vecino de Sillobre, Fene, falleció pasadas las seis de …