Ares renova as instalacións do campo de fútbol de Prados Vellos

A corporación municipal de Ares aproba por unanimidade neste último pleno ordinario celebrado, o proxecto de renovación e mellora do campo de fútbol municipal de Prados Vellos, unha proposta deseñada para modernizar esta instalación que conta cun considerable uso intensivo tanto para entrenamentos como para competicións oficiais e actividades deportivas con carácter social.

Fuente concello de Ares

Deste xeito, o Concello impulsará un conxunto de actuacións neste recinto municipal para poñelo en valor e adecuar o campo aos estándares de calidade e seguridade actuais.

O propio alcalde de Ares, Julio Ignacio Iglesias Redondo, salientou “a relevancia desta obra, que permitirá, entre outras cousas, renovar o céspede artificial que instalamos na lexislatura 2007-2011, e que xa daquela supoñía unha intervención fundamental para o campo de fútbol”.

Fuente concello de Ares

ACTUACIÓNS CONTEMPLADAS

Cun investimento de 379.059,42 euros para Prados Vellos, proxéctase a renovación completa do sistema de céspede sintético do campo, partindo de criterios de alta durabilidade e adecuación á normativa federativa.

De feito, co obxectivo de permitir a división temporal do terreo de xogo de fútbol 11 en dous campos de fútbol 8, contémplase a instalación dunha rede separadora retráctil para delimitar visual e funcionalmente as diferentes áreas de xogo, permitindo maior flexibilidade na xestión do espazo, e a incorporación dunha estrutura de protección para a zona dos banquillos.

A maiores, formúlase a execución dunha nova rede de rego para Prados Vellos, con 8 cañóns emerxentes de longo alcance, e a modernización do sistema de drenaxe do campo, que se verá ampliado. Na contorna do graderío haberá melloras no alumeado, coa colocación de novas luminarias de tipo LED que garantan o aforro enerxético, e elaborarase unha solera de formigón como actuación perimetral ao terreo de xogo.

Fuente concello de Ares

UNHA MIRADA POSTA NA EFICIENCIA ENERXÉTICA

Dende o Concello encadran este último proxecto no marco da planificación estratética municipal centrada na renovación e posta en valor de Prados Vellos, entendéndoa como unha das principais infraestruturas deportivas da vila.

É nesa mesma liña de traballo onde se incluíron algunhas das últimas melloras executadas nestes anos, centrándose principalmente no proceso de eficiencia enerxética do recinto deportivo.

En 2021, cun investimento de 59.000 euros, incorporouse un sistema de luminarias tipo LED sobre o terreo de xogo e en 2023 renováronse os vestiarios, baixo un proxecto por valor de 195.000 euros no que se cambiaron a cuberta, o revestimento das fachadas ou as xanelas e portas a favor do aillamento térmico.

Lea también

O cambrés Diego Ruiz gaña a IV San Silvestre de Neda

As previsións cumpríronse e o Roxal acolleu na mañá do 31 de decembro a San …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *