As Somozas licita a construción dos vestiarios do campo de fútbol da Toca

As obras, financiadas ao 100% con fondos propios municipais, contemplan a construción de dous módulos simétricos e diferenciados que darán dous baños por sexo para o público.

Campo de fútbol A Toca- San Sadurniño

As Somozas prepara a construción dos vestiarios do campo de fútbol da Toca, unha actuación que permitirá ás
persoas usuarias o acceso a baños, duchas e zona para cambiarse de roupa. Estas obras, que están financiadas ao 100% con fondos propios municipais, contemplan a construción de dous módulos simétricos e diferenciados que darán dous baños por sexo para o público. Así, o Concello investirá máis de 55.000 euros nesta actuación.

O obxectivo prioritario é a potenciación do deporte local, en beneficio da veciñanza que practique esta disciplina deportiva. Procederase, polo tanto, a construción de vestiarios tanto masculino con feminino, para o que se empregarán materiais e revestimentos de alta calidade que garantan a durabilidade dos mesmos. Teranse en conta criterios como a accesibilidade e a sustentabilidade.

O alcalde, Juan Alonso, destacou que “esta actuación pretende potenciar as infraestruturas municipais” e agarda que “a construción destes vestiarios doten dun novo pulo a esta instalacións que son empregadas acotío por moitos veciños e veciñas”.

Lea también

As Pontes adxudica a segunda fase das obras de renovación da rúa Real

O Concello das Pontes vén de adxudicar as obras de renovación do pavimento e mellora …