Un total de 91 ANPAS da provincia solicitan as novas axudas da Deputación da Coruña

A liña conta cun orzamento de 250.000 euros para apoiar ás ANPAS de centros educativos públicos na organización de actividades durante 2026. A deputada de Educación destaca a elevada demanda desta primera convocatoria.

Yoya Neira diputada de Educación/ Fuente Diputación de A Coruña

Un total de 91 asociacións de pais (ANPAS) dos centros educativos públicos da provincia da Coruña concorreron á nova convocatoria de axudas da Deputación de A Coruña para a realización de actividades ao longo de 2026. O programa conta cun orzamento total de 250.000 euros.

A convocatoria ten como obxectivo apoiar o labor que desenvolven as ANPAS como axentes fundamentais da comunidade educativa, fomentando actividades complementarias á educación regrada e promovendo a participación das familias na vida escolar.

As axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva e permitirán financiar proxectos e actividades de carácter educativo, formativo, cultural e de lecer, así como iniciativas de conciliación da vida familiar e laboral, actividades extraescolares, saídas didácticas, accións de reforzo educativo, encontros formativos e actuacións orientadas á inclusión, á igualdade de oportunidades, ao uso da lingua galega e ao respecto polo medio ambiente.

Cada ANPA poderá recibir unha subvención de entre 1.500 e 10.000 euros, cun coeficiente de financiamento que oscila entre o 20 % e o 80 % do orzamento subvencionable. As actividades deberán desenvolverse ao longo do ano natural 2026.

A deputada de Educación, Yoya Neira, destacou que “esta nova convocatoria reflicte a aposta firme da Deputación da Coruña por unha educación pública de calidade que vai máis alá das aulas, recoñecendo o papel esencial que xogan as ANPAS no acompañamento educativo e na conciliación”.

Neira subliñou tamén a alta participación rexistrada nesta primeira edición da convocatoria: “O feito de que se presentasen 91 solicitudes demostra a necesidade de seguir apoiando o traballo das ANPAS”.

A deputada puxo en valor, ademais, o enfoque social e inclusivo das bases: “Falamos dunha convocatoria que promove valores fundamentais como a igualdade, a inclusión, e a participación comunitaria, aspectos que forman parte do modelo educativo que defendemos desde a Deputación»

Lea también

CNC considera “prácticamente nulo” el impacto de la huelga general en el sector de la construcción

La Confederación Nacional de la Construcción (CNC) informa de que la huelga general convocada para …