AXF mostra o talento do Nadal do alumnado do CEIP Santiago Apóstolo de Narón nas súas cristaleiras

A AXF xa vive o espírito do Nadal e faio dando protagonismo á creatividade local. Desde estes días, as cristaleiras do seu local exhiben as postais do Nadal elaboradas polo alumnado do Colexio Santiago Apóstolo de Narón, unha iniciativa que une arte, infancia e comunidade. 
 
Desde a entidade animan á cidadanía para achegarse ao local para coñecer de primeira man o traballo dos nenos e nenas do centro educativo e a levar algunha das postais para decorar os seus fogares durante estas datas tan sinaladas. 
 
Así mesmo, a AXF anunciou que o martes 23 de decembro, ás 11:00 horas, publicará nas súas redes sociais a súa felicitación do Nadal. Tratarase dunha felicitación diferente ás habituais, centrada especialmente no agradecemento a todas as persoas, colectivos e institucións que colaboran e apoian o seu labor ao longo do ano. 
 
Con esta iniciativa, a AXF reforza o seu vínculo coa comunidade local e celebra o Nadal desde os valores de participación, recoñecemento e proximidade.
 
A Asociación de Persoas Xordas de Ferrolerra (AXF), entidade de carácter comarcal, declarada de Utilidade Pública; representa á comunidade xorda desde 1972, como único recurso específico para persoas xordas na comarca de Ferrolterra, procurando a eliminación das barreiras comunicativas que dificultan o seu pleno desenvolvemento, ademais de proporcionar os servizos necesarios para lograr a maior calidade e autonomía posíbel.

Lea también

A música coral de Narón volve á praza de Galicia co concerto de Panxoliñas

A praza de Galicia converterase este luns 22 de decembro nun escenario aberto á música …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *