A Sociedade Cultural Areosa celebra en Narón o seu tradicional Festival de Panxoliñas solidario

A Sociedade Cultural Areosa celebra o domingo 21 o seu tradicional Festival de Panxoliñas solidario a favor de Cáritas Parroquial de Nosa Señora dos Desamparados. O encontro dará comezo ás 18 horas e terá lugar na igrexa de Piñeiros, Narón.

Nesta edición contará coa participación das seguintes agrupacións: Rondalla Añoranzas de Ferrol, Coro Parroquial Nosa Sra. Dos Desamparados e a Coral da S.C.Areosa de Narón. A entrada é de balde.

Durante o festival recolleranse donativos e levaranse a cabo diferentes sorteos para recadar fondos a favor da Cáritas Parroquial. Animamos a toda a veciñanza a achegarse a disfrutar dunha tarde de música propia destas datas e colaborar co labor de Caritas.

Lea también

Exponav acoge la exposición conmemorativa del III Centenario de la creación de los departamentos marítimos

El alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, junto al Almirante Jefe del Arsenal Militar …