Entregado o segundo gran premio do MercAres 2025-2026

A veciña Mari Carmen Fernández Truébano recibiu das mans da concelleira de Comercio, Lucía Blanco, o segundo gran premio por valor de 300 euros do MercAres, a campaña de consumo de proximidade municipal, despois de que resultase agraciada nun dos rascas que recibiu na panadería do núcleo urbano La Gallega.

O galardón económico chega en forma de vale para investir nalgún dos máis de 90 establecementos adheridos este ano ao MercAres, facendo así que o premio fique no municipio a partir dun consumo circular e sostible.

Mais aínda segue en xogo o gran premio de 500 euros, entre outros! Así que a veciñanza ten até o 31 de xaneiro para animarse a participar e solicitar o seu vale-rasca por compras superiores a 10 euros.

Lea también

Juan Galán presenta en Neda o ensaio “Rotspanier” sobre o exilio en Francia dos republicanos españois

A biblioteca municipal de Neda acolle o xoves 12 de novembro, a partir das 19:30 …