A Xunta aporta máis de 775.000 euros a catro confrarías da área territorial de Ferrol

Esta convocatoria da Consellería do Mar contou cun orzamento de 9 M€ a repartir entre as anualidades 2025 e 2026.

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá o pósito cedeirés.

A Xunta apoia este ano con 775.330 euros en axudas ás confrarías de Ferrol, Pontedeume, Barallobre e Cedeira para a modernización e mellora dos equipamentos e das infraestruturas dos portos pesqueiros, dos lugares de desembarque, lonxas e ancoradoiros. A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, informou desta resolución durante unha visita efectuada este xoves á Confraría de Pescadores de Cedeira que, con cargo a esta convocatoria da Consellería do Mar, percibiu unha achega de 322.800 euros.

Tal e como puido comprobar a delegada, a axuda foi destinada á adquisición dunha carretilla e seis traspaletas manuais, ademais dun túnel de lavado de caixas en circuíto pechado con auga quente xabonosa e aclarado. Tamén se acometeron melloras na nave de caixas da confraría.

Durante a visita, na que estivo acompañada de membros da directiva do pósito e da Agrupación de mariscadoras a pé, Aneiros lembrou que a convocatoria contou cun orzamento de 9 M€ a repartir entre as anualidades 2025 e 2026 e estivo cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Acuicuiltura (Fempa).

O obxecto desta orde é que confrarías, cooperativas ou organizacións de produtores vinculados ao sector pesqueiro modernicen as infraestruturas dos portos, lonxas ou os establecementos autorizados para a primeira venda de produtos pesqueiros.

Túnel de lavado de caixas en circuíto pechado con auga quente xabonosa e aclarado.

Entre os investimentos subvencionables contémplanse actuacións de mellora da eficiencia enerxética, da protección do medio ambiente ou da seguridade e condicións de traballo dos profesionais deste sector. Tamén serán subvencionables actuacións para optimizar a calidade e incrementar o control e rastrexabilidade dos produtos desembarcados, así como para mellorar a seguridade das infraestruturas fronte a eventos meteorolóxicos provocados polo cambio climático.

Lea también

Intervenidos 146 kilos de cigala sin trazabilidad en un vehículo que partió del puerto de Cariño

Efectivos del Servicio Marítimo de la Guardia Civil de A Coruña han instruido denuncia administrativa …