Ares convida á veciñanza a unha xornada de portas abertas en fútbol sala feminino

O equipo Ares Futsal, fundado este pasado verán no municipio, e o Concello organizan conxuntamente unha xornada de portas abertas en fútbol sala feminino durante a tarde do martes 30 de decembro. Poderase entrar en contacto coa pelota no pavillón polideportivo da localidade a partir das 17:00 horas.

A proposta materialízase cun obxectivo claro: crear un equipo femenino que una á veciñanza arredor do fútbol sala, consolidando un espazo onde se poida aprender, divertirse a través do deporte e competir.

Para asistir á xornada de portas abertas, só é preciso confirmar a asistencia no teléfono 672 548 939.

Lea también

A Deputación destina medio millón de euros para apoiar 24 grandes eventos deportivos na provincia da Coruña

O investimento apoia a celebración de campionatos do mundo, probas europeas e citas estatais en …