A Asociación Cultural Vai Rañala Meu! de Narón organiza os tradicionais “Cantos de Nadal”

A Asociación Cultural Vai Rañala Meu! de Sedes, Narón organiza para o domingo 21 de decembro unha nova edición dos seus xa afamados “Cantos de Nadal” para celebrar un ano más esta actividade tan ligada á sua tradición cultural e que leva celebrando dende o ano 2015.

A actividade que terá lugar no Centro Cívico Social de Sedes comeza ás 18:00 horas cun obradoiro de Cantos de Nadal, onde os asistentes poderán coñecer os diferentes tipos de cantos de nadal e escoitar como o facían os nosos maiores e practicalos por medio da aprendizaxe de 5 cantos de nadal da nosa tradición.

Entorno ás 19:00 horas haberá unha pausiña para quencer o corpo con chocolate e bola e sobre as 19:30 voltará a música e cantos. Como broche final da festa, haberá unha pequena foliada para quen queira poda tocar, cantar e bailar. Está actividade é apta para todos os públicos e moi recomendable para as familias.

Este ano, a A.C. Vai Rañala Meu! vai realizar nesta data unha recollida de alimentos en prol do Centro de Recursos Solidarios. Preferiblemente: Leite enteiro, aceite, galletas, garavanzos, fariña, azucre, pasta, lentellas, cacao, conservas de todo tipo, cueiros, produtos de hixiene persoal e produtos de limpeza do fogar. A asociación agradece a colaboración de todas as persoas asistentes.

A actividade esta organizada pola Asociación Cultural Vai Rañala Meu! e conta coa colaboración da Área de Cultura da Deputación da Coruña.

Lea también

La academia de Baile All Dance Studio actúa este sábado 31 en Narón

El Centro Comercial Odeón acoge este sábado por la tarde la exhibición de la escuela …